“¿Como se pode ter en Recursos Humanos a un falanxista?, ¡coño!”

18 Julio, 2014 | By Alma de Libertade | Filed in: actos, fotos, videos.

Traballadores de Citroën e sindicalistas da CIG movilízanse, dende o 1 de xullo, de luns a domingo de 13.00 a 14.30 horas en Citroën para reivindicar a readmisión inmediata de Paco Alonso e David Álvarez.

Paco e David levaban 17 anos traballando na empresa e durante todo ese tempo xamais cometeron un erro nas súas funcións, son, como din @s seus compañeir@s, uns traballadores exemplares e ámbolos dous son sindicalistas da CIG, Paco dende 2004. Tanto eles mesmos como @s seus compañeir@s din que os despidos son inxustos e improcedentes, xa que a factoría alegou para despedilos que houbo un único día no que non cumpriron co seu traballo e, segundo as normas do réxime interno da empresa, un erro dun traballador unha soa vez non é motivo suficiente nin directo para o despido. Ademais, outra irregularidade que cometeron os directivos da factoría foi facerlles esperar a Paco e a David 40 días, dende o día do “erro”, para comunicarlles cal sería a sanción.

Segundo Enrique Pérez, o cal leva 40 anos en Citroën e 37 na CIG, estas irregularidades na forma de proceder por parte dos dirixentes da factoría xamais foron tan taxantes e “poden sentar un precedente na historia que é o dereito a equivocarse”, “é como renunciar á condición humana”. Tamén díxonos Enrique que ante este tipo de situacións, o que se fixo sempre foi unha advertencia verbal ou escrita e “o que nunca sucedeu é despedir”. El está convencido de que a intencionalidade principal dos dirixentes da empresa é meter medo ós traballadores, de feito, presiónanlles para que fagan horas extras se queren promocioarse, non teñen en conta os problemas de saúde dos traballadores (Enrique díxonos concretamente: “no capítulo de saúde hai un déficit moi grave”) e tamén recortaron os salarios da xente que entra nova a traballar na factoría, traballan as mesmas horas e cobran menos.

Todos se preguntan: “¿Como se pode ter en Recursos Humanos a un falanxista?, ¡coño!”

Os traballadores seguirán pedindo a readmision de Paco e David e seguirán coa folga de fame os dous compañeiros deles que sustituíron aos dous anteriores que tiveron que ser hospitalizados.

Vídeo concentración 16/07/14

[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=i2RLXJKGemU[/youtube]

Fotos concentración 16/07/14


Tags: , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *